Amigos

miércoles, 9 de enero de 2008

A volta das vacacións



Ola a todos!!! Qué tal estades?


As miñas vacacións foron bastante boas. Saquei boas notas. Quedei con amigos en Chantada e fumos de xoldra por aí a diante. O día de noiteboa tiven xente na miña casa e estiven de cociñeira. En noite vella tamen tiven xente e volveume tocar outra vez estar de cociñeira, pero paseino bastante ben sobre todo cando bebín champán. Pero tamén teño que dicir que foron algo tristes para min. O día 29 tiven un cabo de ano dun tío meu que morreu de cáncer e tamén me acordei dunha compañeira miña que tamén morreu. Os reis e papá noel portárose ben. Trouxéronme moitos agasallos.




A volta destas vacacións amargoume moito, isto de levantarse cedo outra vez é fastidiado!!! pero tiña ganas de volverme encontrar cos meus compañeiros. Cando cheguei á clase estaba igual que cando nos fumos, iso sí estaba un pouco máis quentiña e bonita, xa que a adornamos con cousas de nadal.


Esta é a historia das miñas vacacións de nadal. Espero que o pasarades ben e que veñades con máis ánimos como veño eu. Un bico.