Amigos
jueves, 18 de septiembre de 2008
NOVA ETAPA
Eu aqui comomenzando unha nova etapa desta vida chea de misterio na Coruña. Agora véñome estudar aqui auxiliar de farmacia e se vos son sincera estou nerviosa, pero por outra parte non o estou porque é o meu futuro.
Bueno non sei que mais contarvos. Espero que o pasedes ben e cumplades os vosos soños de vida.
A vosa compañeira:
ainoa_18
viernes, 20 de junio de 2008
PREMIO DA SEMANA DA POESIA 2ª PREMIO

Carta de amor

jueves, 19 de junio de 2008

martes, 17 de junio de 2008
Despedida do curso 2008
ADIOS AMIGOS/AS DO IES LAMA DAS QUENDASBen pois veño para despedirme xa que este é o último ano que vou estar aquí con todos vós.
Para min este curso foi moito mellor que os outros, aínda que algunhas materias non se me deron ben, pero a pesar de iso foi bastante bon. Aprendimos moitas cousas novas e traballamos moito e estamos moi contentos deso.
Espero que o pasedes ben como o pasei eu e que teñades uns bons cursos.
Eu agora voume estudar a Ourense nun centro privado auxiliar de farmacia. Tamén quería facer
xestión administrativa, pero confórmome co outro ciclo xa que é moito máis fácil ou eso é o que penso eu e o que di a xente.
Ben xa non sei nada máis que decir só eso que o pasedes ben e estudade moito para poder sacar o título.
Un forte bico da vosa compañeira que se despide de todos vós e que a pesar de que a moitos non vos coñezo...vouvos botar de menos e por suposto aos profesores tamén.
Un amigo é un irmán que eleximos
A amistad é como a saúde: Nunca nos damos conta do seu verdadeiro valor ata que a perdemos
Si decides tirarte dunha montaña, non saltarei contigo. Esperareite abaixo, para salvarte.
Amigos somos, amigos seremos, como cabras estamos y así seguiremos
Amigos como nosoutros, son difíciles de encontrar, difíciles de entender, e imposibles de olvidar.
Sorte a todos!!!!!!!!!!!
martes, 3 de junio de 2008
Un día unha parella de mozos foron de lúa de mel a unha praia onde había unha casa vella e decidiron acampar alí. Cando entraron pola porta a casa transformouse. As paredes falaban soas, o teito desapareceu e o chan volveuse rugoso. A parella quedou quieta durante uns minutos. Máis tarde oíuse unha voz que viña da parte baixa da casa. Cando ían abrir a porta algo os empuxou e caeron polas escaleiras abaixo. Estaba todo moi escuro e cheo de teas de arañas. Ao cabo dunha hora apareceu unha luz cunha enorme sombra que lles dixo que se querían saír de alí que tiñan que pasar un par de probas e a parella aceptou.
- A primeira: consistía en xogar a un xogo no que pasaban cousas moi raras: aparecían animais, formábanse tornados,....
- A segunda: tiñan que buscar pistas por toda a casa para resolver misterios.
- A terceira: tiñan que ir matando xente para conseguir puntos.
- A cuarta e última: tiñan que formar refráns e pegalos por todas as paredes.
Cando terminaron a casa volveuse como un castelo e apareceu a luz que lles mandara facer as probas e díxolles que agora xa podían saír da casa, porque aprobaran. Cando ían saír pola porta levantouse un enorme vento que os arrastrou para atrás golpeándoos contra a parede do fondo, apareceron unha camada de animais de todo tipo e tamaño...durante un par de minutos. Máis tarde a moza desapareceu. O mozo quixo retela, pero non puido. Despois enseguida volveu aparecer a luz, colleuno e levouno de arrastras ata onde estaba a moza. Era un cuarto escuro cun montón de fotografías deles e a moza estaba atada a unha cadeira metida nun armario berrando como se a sangraran. O mozo quixo ila buscar, pero cando chegou ela xa non estaba. A luz colleu un coitelo e cravoullo no corazón e entón a moza apareceu e morreu canda el.
martes, 27 de mayo de 2008
A semana da poesía
Ola a todos\as!!!! Que tal estades?
Onte pola tarde fomos ver uns traballos que fixeron os de 1º de bacharelato sobre o mundo da poesía. Había moitos xogos:
Tirar dardos, ler poemas e con preguntas sobre el, poñer imaxes nos seus correspondentes poemas, un xogo de tocar guitarras, escribir ou debuxar o que nos quixeramos nunha cartolina e por cada acerto dábannos unhas gominolas.
E os mércores no recreo tamén había poxas de libros postos polo profesor Manuel Figuerias.
E así foi esta fermosa semana da poesía.
miércoles, 21 de mayo de 2008
martes, 13 de mayo de 2008
HISTORIA FANTASTICA
miércoles, 23 de abril de 2008
martes, 22 de abril de 2008
o monólogo interior

martes, 25 de marzo de 2008
2ª AVALIACIÓN
Para min esta avaliación foi moi curta, pasóuseme voando. Aprendín moitas cousas como facer un cómic, traballar máis co ordenador, facer un blog.
As notas esta vez foron un pouco de sorpresa, nalgunhas subín un puco, noutras baixei e noutras subín moitísimo. Quedoume unha máis que na anterior pero así e todo estou moi contenta polo meu gran esforzo e avance.
Na próxima avaliación penso sacar todo en limpo para poder obter o graduado e acceder ao ciclo que a min me gusta que é análises clínicos de farmacia e técnico de farmacia.
miércoles, 5 de marzo de 2008
O MAGO MERLÍN

Merlín foi un mago moi poderoso que influiu decivamente no rei Arturo. Educouno dende pequeno e axudoulle a superar a proba da espada.
Cando Arturo foi coronado rei, nomeou a Merlín o seu conselleiro. Este suxeriulle que formase a táboa redonda e interviu cos seus poderes a creación Canelot.
Pero ao final o mago foi moi triste. Namorou de Viviana, a dama do lago e tomándoa como discípula, transmítelle todos os seus conoñecementos da maxia. A dama utiliza estes poderes contra Merlín e encérrao nunha tumba coberta por unha gran lousa, da que xamais poderá saír. O igual co rei Arturo, o mago Merlín tamén se convertirá nun persoaxe moi popular que aparece en numerosos relatos e películas.
jueves, 21 de febrero de 2008
O cómic
Xa hai unhas semanas que a profe de técnicas nos mandou facer un cómic.
O meu e máis o dos meus compañeiros trata dun rapaz chamado Jorge de 7 anos que vai matando na xente e esta convértesen en zombis. Un día encontra unha vagavunda nun parque e cóntalle o rapaz que ten unha emfermidade e esta decide axudalo poñéndolle unha inyección.
Para facer o cómic buscamos en internet os persoaxes, o parque, a tortillería...e despois calcamos varias veces o rapaz e a vagavunda para as distintas escenas. Despois inventamos a historia e a partir de aí construímos o noso cómic. Cando xa teñamos todo listo decidimos como se ía chamar e puñémoslle " O NENO ZOMBI" e pegámolo en papel continúo ara poñer por todo o instituto. Quedou moi ben.
Bueno pois asi foi como creamos o noso cómic.
Un bico.
miércoles, 9 de enero de 2008
A volta das vacacións



