Amigos

viernes, 20 de junio de 2008

Carta de amor


Esta carta vai dirixida a unha persoa moi especial na miña vida.


Eres o home da miña vida. Gracias porque fixeches que me namorara de ti coma unha tola e cada día que pasa aínda máis. Gracias por apoiarme e por axudarme a desafogarme poeque con solo dúas palabras túas estou mellor. Gracias por axudarme nos momentos máis dificiles e porque consegues facerme reflexionar cando eu me deixaria levar polos meus impulsos, sobre todo nas decisións de traballo. E resulta que seguir os teus consellos sempre é mellor para min.

Gracias por vir buscarme á miña casa e declararte baixo as estrelas unha noite de verán que conseguiches coma ninguén sacar o mellor de min e facerme sentir cousas que creía que solo existían nas peliculas.


Ensináchesme a querer e a quererte; a túa mirada faime quererte como amante, a túa tenrura faime quererte coma un pai, falar contigo fairme a túa mellor ami9ga e ti o meu. E os nosos proxectos futuros fanme sentir que eres o home da miña vida e sei que non me equivoco.


A nosa pasión é tan forte como o primeiro día, gracias por as túas broncas, que non me fan perder de vista o camiño adecuado, e porque tamén alí vexo a túa beleza como nas noites que te arranxas e nas mañáns cando te despertas.


Gracias porque me fas sentirme especial e porquen a nosa pasión é tan forte como o preimeiro día a diferenza do noso amor que segue crecendo.


Estou esperando o día no que, pronto, cruzarei a porta do piso donde iremos vivir xuntos unha nova etapa da nosa preciosa historia.


Aínda me queda moito por cambiar, pero quero cambiar xunto a ti, meterme nas túas mans q que me moldees ao teu gusto e placer para non defraudarte nunca máis.


GRACIAS, GRACIAS POR EXISTIR.

No hay comentarios: