Amigos

jueves, 18 de septiembre de 2008

NOVA ETAPA

Ola que tal cibernautas?

Eu aqui comomenzando unha nova etapa desta vida chea de misterio na Coruña. Agora véñome estudar aqui auxiliar de farmacia e se vos son sincera estou nerviosa, pero por outra parte non o estou porque é o meu futuro.


Bueno non sei que mais contarvos. Espero que o pasedes ben e cumplades os vosos soños de vida.

A vosa compañeira:
ainoa_18

viernes, 20 de junio de 2008

PREMIO DA SEMANA DA POESIA 2ª PREMIO


Ola cibernautas esta é a poesia coa que gañei o premio da semana da poesia;




NAQUEL MES DE OUTONO...




Naquel mes de outono


ela estaba cravada nos seus ollos


mentres el


acariñaba


a súa fermosa


pel


cos seus dedos


lentamente


TODO


soño fermoso cheo de misterio


que NINGUÉN podía DESCUBRIR


agarrouna pola cintura


bicouna


con tanta forza e tenrura


que a deixou namorada para sempre.




Carta de amor


Esta carta vai dirixida a unha persoa moi especial na miña vida.


Eres o home da miña vida. Gracias porque fixeches que me namorara de ti coma unha tola e cada día que pasa aínda máis. Gracias por apoiarme e por axudarme a desafogarme poeque con solo dúas palabras túas estou mellor. Gracias por axudarme nos momentos máis dificiles e porque consegues facerme reflexionar cando eu me deixaria levar polos meus impulsos, sobre todo nas decisións de traballo. E resulta que seguir os teus consellos sempre é mellor para min.

Gracias por vir buscarme á miña casa e declararte baixo as estrelas unha noite de verán que conseguiches coma ninguén sacar o mellor de min e facerme sentir cousas que creía que solo existían nas peliculas.


Ensináchesme a querer e a quererte; a túa mirada faime quererte como amante, a túa tenrura faime quererte coma un pai, falar contigo fairme a túa mellor ami9ga e ti o meu. E os nosos proxectos futuros fanme sentir que eres o home da miña vida e sei que non me equivoco.


A nosa pasión é tan forte como o primeiro día, gracias por as túas broncas, que non me fan perder de vista o camiño adecuado, e porque tamén alí vexo a túa beleza como nas noites que te arranxas e nas mañáns cando te despertas.


Gracias porque me fas sentirme especial e porquen a nosa pasión é tan forte como o preimeiro día a diferenza do noso amor que segue crecendo.


Estou esperando o día no que, pronto, cruzarei a porta do piso donde iremos vivir xuntos unha nova etapa da nosa preciosa historia.


Aínda me queda moito por cambiar, pero quero cambiar xunto a ti, meterme nas túas mans q que me moldees ao teu gusto e placer para non defraudarte nunca máis.


GRACIAS, GRACIAS POR EXISTIR.

jueves, 19 de junio de 2008


Nunca me olvides....


Unha folla cae, unha flor que morre, un atardecer, non volverán... Deixa de soñar mirando ao pasado podes actuar, o teu camiño has de resolver descubrindo a beleza que hai en ti un diamante en bruto que pulir.

Novo despertar, fai que sea distinto nondebes caer condenado a repetir un día no que nada novo ocurrirá oxe tes que disfrutar como si non fora a haber un mañá.

Deixa de chorar de mirar atrás sen medo, podes levantarte e camiñar dame unha razón pola cal xa non loitar sen duda, podes afrontar a realidade.

Na tua man está escolle o teu destino se queres cambiar sal do teu caparazón escondéndote nada vas a arranxar soamente tirarás a tua vida, se valente e loita por ti.

Deixa de chorar de mirar atrás sen medo, podes levantarte e camiñar dame unha razón pola cal xa non loitar sen duda, podes afrontar a realidade.

Deixa de sufrir, deixa de mentirte deixa de fuxir, deixa de esconderte deixa de morrer, do silencio has de escapar.

Deixa de chorar, deixa de mirar atrás sen medo, podes levantare e camiñar dame unha razón , pola cal xa non loitar sen duda, podes afrontar a realidade deixa de chorar, deixa de mirar atrás sen medo, podes levantarte e camiñar.

QUÉROTE MOITO, MEU AMOR

martes, 17 de junio de 2008

Despedida do curso 2008

ADIOS AMIGOS/AS DO IES LAMA DAS QUENDAS

Ola a todos/as. Que tal estades?

Ben pois veño para despedirme xa que este é o último ano que vou estar aquí con todos vós.

Para min este curso foi moito mellor que os outros, aínda que algunhas materias non se me deron ben, pero a pesar de iso foi bastante bon. Aprendimos moitas cousas novas e traballamos moito e estamos moi contentos deso.

Espero que o pasedes ben como o pasei eu e que teñades uns bons cursos.


Eu agora voume estudar a Ourense nun centro privado auxiliar de farmacia. Tamén quería facer


xestión administrativa, pero confórmome co outro ciclo xa que é moito máis fácil ou eso é o que penso eu e o que di a xente.


Ben xa non sei nada máis que decir só eso que o pasedes ben e estudade moito para poder sacar o título.

Un forte bico da vosa compañeira que se despide de todos vós e que a pesar de que a moitos non vos coñezo...vouvos botar de menos e por suposto aos profesores tamén.


Un amigo é un irmán que eleximos

A amistad é como a saúde: Nunca nos damos conta do seu verdadeiro valor ata que a perdemos

Si decides tirarte dunha montaña, non saltarei contigo. Esperareite abaixo, para salvarte.

Amigos somos, amigos seremos, como cabras estamos y así seguiremos

Amigos como nosoutros, son difíciles de encontrar, difíciles de entender, e imposibles de olvidar.

Sorte a todos!!!!!!!!!!!

martes, 3 de junio de 2008


Un día unha parella de mozos foron de lúa de mel a unha praia onde había unha casa vella e decidiron acampar alí. Cando entraron pola porta a casa transformouse. As paredes falaban soas, o teito desapareceu e o chan volveuse rugoso. A parella quedou quieta durante uns minutos. Máis tarde oíuse unha voz que viña da parte baixa da casa. Cando ían abrir a porta algo os empuxou e caeron polas escaleiras abaixo. Estaba todo moi escuro e cheo de teas de arañas. Ao cabo dunha hora apareceu unha luz cunha enorme sombra que lles dixo que se querían saír de alí que tiñan que pasar un par de probas e a parella aceptou.




  • A primeira: consistía en xogar a un xogo no que pasaban cousas moi raras: aparecían animais, formábanse tornados,....


  • A segunda: tiñan que buscar pistas por toda a casa para resolver misterios.


  • A terceira: tiñan que ir matando xente para conseguir puntos.


  • A cuarta e última: tiñan que formar refráns e pegalos por todas as paredes.


Cando terminaron a casa volveuse como un castelo e apareceu a luz que lles mandara facer as probas e díxolles que agora xa podían saír da casa, porque aprobaran. Cando ían saír pola porta levantouse un enorme vento que os arrastrou para atrás golpeándoos contra a parede do fondo, apareceron unha camada de animais de todo tipo e tamaño...durante un par de minutos. Máis tarde a moza desapareceu. O mozo quixo retela, pero non puido. Despois enseguida volveu aparecer a luz, colleuno e levouno de arrastras ata onde estaba a moza. Era un cuarto escuro cun montón de fotografías deles e a moza estaba atada a unha cadeira metida nun armario berrando como se a sangraran. O mozo quixo ila buscar, pero cando chegou ela xa non estaba. A luz colleu un coitelo e cravoullo no corazón e entón a moza apareceu e morreu canda el.

martes, 27 de mayo de 2008

A semana da poesía

Ola a todos\as!!!! Que tal estades?
Onte pola tarde fomos ver uns traballos que fixeron os de 1º de bacharelato sobre o mundo da poesía. Había moitos xogos:
Tirar dardos, ler poemas e con preguntas sobre el, poñer imaxes nos seus correspondentes poemas, un xogo de tocar guitarras, escribir ou debuxar o que nos quixeramos nunha cartolina e por cada acerto dábannos unhas gominolas.
E os mércores no recreo tamén había poxas de libros postos polo profesor Manuel Figuerias.
E así foi esta fermosa semana da poesía.