Amigos

martes, 17 de junio de 2008

Despedida do curso 2008

ADIOS AMIGOS/AS DO IES LAMA DAS QUENDAS

Ola a todos/as. Que tal estades?

Ben pois veño para despedirme xa que este é o último ano que vou estar aquí con todos vós.

Para min este curso foi moito mellor que os outros, aínda que algunhas materias non se me deron ben, pero a pesar de iso foi bastante bon. Aprendimos moitas cousas novas e traballamos moito e estamos moi contentos deso.

Espero que o pasedes ben como o pasei eu e que teñades uns bons cursos.


Eu agora voume estudar a Ourense nun centro privado auxiliar de farmacia. Tamén quería facer


xestión administrativa, pero confórmome co outro ciclo xa que é moito máis fácil ou eso é o que penso eu e o que di a xente.


Ben xa non sei nada máis que decir só eso que o pasedes ben e estudade moito para poder sacar o título.

Un forte bico da vosa compañeira que se despide de todos vós e que a pesar de que a moitos non vos coñezo...vouvos botar de menos e por suposto aos profesores tamén.


Un amigo é un irmán que eleximos

A amistad é como a saúde: Nunca nos damos conta do seu verdadeiro valor ata que a perdemos

Si decides tirarte dunha montaña, non saltarei contigo. Esperareite abaixo, para salvarte.

Amigos somos, amigos seremos, como cabras estamos y así seguiremos

Amigos como nosoutros, son difíciles de encontrar, difíciles de entender, e imposibles de olvidar.

Sorte a todos!!!!!!!!!!!

1 comentario:

xenevra dijo...

agora a facer uso de todo o que aprendiches.
bo verán
nunca esquezas ser FELIZ

foi unha sorte darvos clase; paseino moi ben con vós